1. Os números naturais (exercicios)

Publicado en por recuncho

Exercicio nº 1.-

 

Escribe con signos do sistema exipcio estes números:

 

a)  69

b)  99

c)  77

 

 

 

Exercicio nº 2.-

 

Cantas decenas hai en:

 

a)  5 UM

b)  4 CM

c)  20 U

d)  6 DM

 

 

 

Exercicio nº 3.-

 

Escribe con cifras:

 

a)  Seis billóns sete millardos

b)  Cinco billóns cinco millardos cinco mil cinco

c)  Seis millardos seiscentos mil

d)  Oito billóns oito millóns oito mil

 

 

 

Exercicio nº 4.-

 

Aproxima ás decenas de millar, por redondeo, os seguintes números:

 

a)  679 563

b)  2 462 768

c)  5 678 300

d)  54 343 795

 

 

 

Exercicio nº 5.-

 

Realiza as seguintes operacións:

 

a)  56 489 + 96 453 + 75 829

b)  89 567 - 58 469

c)  648 · 64

d)  202 615 : 35

 

 

 

Exercicio nº 6.-

 

Resolve:

 

a)  13 - 4 · (5 - 2) + 3 · (2 + 8)

b)  16 + 3 · (6 - 4) - 3 · 5

c)  23 - 8 + 6 · 2 - 3 · 4

 

 

 

Exercicio nº 7.-

 

Nun instituto hai 5 clases de primeiro de ESO, en cada clase hai 21 alumnos e alumnas. Un terzo son rapazas. Cantas rapazas de primeiro de ESO hai no instituto?

 

 

 

Exercicio nº 8.-

 

Un comerciante compra 6 caixas de 50 ducias de ovos cada caixa ao prezo de
80 céntimos por ducia. Se vende despois a ducia de ovos a 120 céntimos, que beneficio obtén?

 

 

 

Exercicio nº 9.-

 

Opera coa túa calculadora e escribe o resultado:

 

a)  16 + 7 · 15

b)  6 · (25 - 8)

c)  4 176 : (6 · 24)

 

Publicidad
Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post